BIENVENID@S AL BLOG DE 5 AÑOS B

BIENVENID@S Al BLOG DE 5 AÑOS B
DIARIO DE AULA

viernes, 13 de mayo de 2011

Hoxe celebramos o día das Letras Galegas no cole

Aínda que o día das Letras Galegas é o martes 17, no cole celebrouse hoxe . Todo o cole a partires das 11:30 estaba ca festa das letras galegas os maiores de primaria facían unha Xincana e nós os de infantil tiñamos seis xogos, pero menudos xogos había que estar en forma para seguir o ritmo.  Nós empezamos co xogo do "pano"  alí estaba a profe Ángela disposta a explicarnos o xogo e a canción, pero nos xa sabíamos de que ía a cousa e comezamos a xogar moi rápido Ángela estaba encantada porque faciámolo moi ben. No xogo do "iglú" estaba a profe Sara axudándonos e alí tamén fomos rapidísimos. Nos relaxamos un pouco porque agora tocaba o xogo da "mariola"  alí nos esperaba a outra profe Sara a de A.L e aínda que había que saltar deunos tempo a descansar un pouco.  Chegamos o xogo nº 3  e alí nos esperaba a profe Pilar vestida para a ocasión moi fresquiña pois tocaba bailar, ¡guau! menudo ritmo de cancións ata bailamos un rock and roll. No xogo nº 2 estaba a profe Sabela e díxonos que eran carreiras de relevos a ritmo do pandeiro, ¡uf! canto corriamos tivemos que descansar un pouco antes de pasar o seguinte xogo. Xa descansados fomos o último xogo onde nos esperaba a profe Conchi  explicounos que había que "encestar os aros nos conos" había que ter puntería  pero algúns equipos quedaron moi ben porque tiveron ata 10 acertos. Despois de rematar o circuíto dos xogos aínda tivemos tempo para xogar no patio. Foi un día intenso pero como sempre pasámolo moi ben.
¡Ah ! grazas polas  frases en galego que mandastes ímolas poñer nun mural moi chulo no pasillo.

No hay comentarios: